¡Bienvenidos a nuestro blog! Aquí se expondrán las actividades de la asignatura "Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras". Esperamos que os guste.

domingo, 22 de mayo de 2011

Noelia Veiga: Práctica tema 9



Esta carta foi escrita durante a Guerra de Vietnam.Este conflito orixinouse debido a que, tras a independencia deste país, quedou divido en dúas partes, unha de influencia comunista e outra de influencia capitalista. O problema comezou cando a parte norte(comunista) atacou a parte sur para unificar o país. Os norteamericanos optaron por enviar un gran número de soldados e armamento, pensando que o conflito sería breve, pero isto non foi así. Despois de varios anos de guerra, a sociedade comezou a ver mal esta acción tan sanguenta. Ante isto, o presidente dos EEUU Richard Nixon retirou as tropas en 1975.
                                         
A carta está relacionada coa Guerra de Vietnam xa que  a persoa que a escribe é un soldado norteamericano que está inmerso no conflito. El está vivindo nas súas propias carnes esta guerra, como se menciona no testemuño. Loita a favor do sur capitalista. O soldado non explica todo o que alí se vive, tan só se centra no seu malestar, no sentimento de asasino que o atormenta e, un sentimento que pouco a pouco se vai transmitindo a toda a sociedade norteamericana.  

Na carta un soldado norteamericano escríbelle a unha moza contándolle un feito que o está atormentando. Cando saía co seu grupo atoparon a unha nena que pretendía atacalos e el  non tivo máis remedio que matala para salvar as súas vidas. Séntese moi culpable, a pesar de que un sarxento experimentado non debería ter sentido esa culpa.

É un documento bastante realista, porque despois de moito tempo de guerra os soldados xa non sabían o que estaban a facer alí, tan só loitaban contra guerrilleiros vietnamitas do norte. Nos libros de historia non aparece este punto de vista, unicamente se narran os feitos, pero non os sentimentos, que é o que nesta carta aparece. A pesar disto, si que se pode considerar real o testemuño, que amosa o cruel que pode ser unha guerra. O sentimento de desolación que abrumaba a este soldado e a moitos outros chegou ata a sociedade americana, que non vía ben a guerra, un pensamento que máis tarde desencadearía a retirada das tropas capitalistas.

1 comentario: