¡Bienvenidos a nuestro blog! Aquí se expondrán las actividades de la asignatura "Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras". Esperamos que os guste.

miércoles, 1 de diciembre de 2010

Invento : O telégrafo

O telégrafo é un dispositivo de telecomunicación destinado á transmisión de sinais a distancia. Foi inventado en 1837.
O seu inventor foi Samuel Finley Breese Morse, nado en Charlestown, Boston, o 27 de abril de 1791 e morto en Nova York o 2 de abril de 1872, foi un pintor e inventor estadounidense, desenvolveu o telégrafo  eléctrico e creou o Código Morse.


Durante os seus anos de estudantes descrubriu unha certa vocación pola pintura, dedicándose a ela, pero tamén se sentía atraíado polos descubrimentos e os experimentos sobre a electricidade. Foi un dos fundadores e primeiro presidente da Academia Nacional de Deseño. Tamen foi o creador do Código Morse, un método de transmisión de información, que emprega secuencias de pulsos curtos e longos para representar letras, números e caracteres especiais.


O telégrafo está formado por unha estación transmisora e unha estación receptora e as dúas están unidas por unha liña constituida por un só fío condutor.
Cando na estación transmisora se cerra o interruptor(manipulador), é decir, cando o pulsamos, circula unha corrente polo circuito (polo positivo e polo negativo), o que ten como consecuencia que, activado o electroimán, sexa atraída unha peza metálica terminada nun punzón que presiona unha tira de papel, que se despraza mediante uns rodillos de arrastre sobre un cilindro impregnado de tinta, de tal forma que, según a duración da pulsación do interruptor, traducirase na impresión dun punto ou unha raia na tira de papel.




Varias melloras dos dispositivos emisores e transmisores permitiron a transmisión de mensaxes de forma máis rápida, sen necesidade de recurrir á tradución manual do código, así como ao envío simultáneo de máis dunha transmisión pola mesma liña.
Un destes dispositivos telegráficos avanzados é o teletipo, aínda en uso en moitos ambientes, tanto informativos como empresariais, aínda que ultimamente está sendo substituído polo correo electrónico


Decidín facer o traballo sobre este invento xa que me pareceu algo moi novedoso para esa época e sobre todo moi útil, porque era unha forma de comunicarse a distancia moito máis sinxela e rápida. É algo parecido ao que agora coñecemos como correo electrónico, usado por moita xente.
Este traballo foi realizado por: Noelia García Gómez

1 comentario: