¡Bienvenidos a nuestro blog! Aquí se expondrán las actividades de la asignatura "Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras". Esperamos que os guste.

miércoles, 1 de diciembre de 2010

Invento: Braille

PRINCIPIOS

O braille é un sistema de lectura e escritura táctil pensado para persoas cegas. Foi ideado polo francés Louis Braille na metade do século XIX. Aos tres anos sufriu un accidente que o deixou cego cando trataba de imitar a labor do seu pai no taller familiar e danouse cun punzón nun dos ollos. Tempo despois, o ollo enfermo infectou o san e o pequeno perdeu a vista para sempre. A pesar da súa discapacidade física, Braille asistiu durante dous anos á escola, e aínda que demostrou ser un dos alumnos máis vantaxosos, a súa familia nunca pensou que puidera chegar a ler ou escribir, e polo tanto, a conseguir un traballo.



Cando tiña trece anos, o director da escola de xordos e cegos de París, onde comezara a estudiar, pediulle que probara un sistema táctil de lectura e escritura creado por un militar. Louis Braille descubriu que o sistema era válido. Modificouno e finalmente simplificouno de novo, deixándoo nun sistema de seis puntos.



 O braille tamén é importante porque o seu sistema de numeración binario foi utilizado posteriormente na invención dos ordenadores.




O SISTEMA BRAILLE

O sistema braille consiste nun código de 63 caracteres, formados por un rectángulo de seis puntos que conforman unha figura determinada. Estes caracteres están unidos en liña sobre o papel e poden lerse pasando suavemente os dedos sobre o escrito.

Durante o século XIX xa se realizaran outros intentos para conseguir que os invidentes deixaran de ser analfabetos, aínda que ningún dos proxectos anteriores a este fora satisfactorio. Braille decidiu gravar os signos en relevo sobre papel.


As matrices que deseñou non só representaban letras, senón tamén os números, os signos de puntuación e acentuación, algunhas contraccións, etc.

O sistema braille tamén permite a escritura, que se leva a cabo gracias a dúas pranchas metálicas entre as que se coloca o papel; unha delas ten seis buratos para meter o punzón e a outra para descifrar o que vai escribir. A primeira máquina de escribir en braille inventouna Frank H. Hall en 1892.




ACCESIBILIDADE

Un exemplo de accesibilidade do braille son os billetes de Canadá en curso, que constan dunha serie de puntos que indican a súa denominación e poden ser facilmente identificados por persoas con problemas de visión. Este sistema non está baseado no creado por Louis Braille, pero a maioría dos seus usuarios invidentes lían braille.

Con todo, no mundo existen diversos centros de producción de libros e documentos accesibles para persoas cegas ou con deficiencias neste sentido. Entre estes centro, destacan o NLS e a ONCE, a máis densa do mundo na súa zona. A ONCE tamén ensina a ler e escribir neste código.



OPINIÓN

Decidín elixir este invento porque me parece que é moi útil, xa que sen el, moitas persoas non poderían ler e escribir. As persoas con discapacidades deben de ter as mesmas posibilidades que unha que non posúe ningunha deficiencia, xa que non Elixiron esta condición. Gracias a este inventor, xente cega coma el poden aprender e lograr un futuro prometedor. Aínda se continúa utilizando este sistema e garzas a diferentes organizacións chega ata os cidadáns. 
           






 
FONTES DE INFORMACIÓN:


Realizado por Noelia Veiga Campos.





 

1 comentario:

  1. Moi ben, tanto polas explicacións como polo propio desenrolo do traballo. Moi ben o uso das fontes

    ResponderEliminar