¡Bienvenidos a nuestro blog! Aquí se expondrán las actividades de la asignatura "Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras". Esperamos que os guste.

domingo, 22 de mayo de 2011

Práctica de Historia: Testemuñas visuais.




1. Esta imaxe amósanos unha escena da Guerra de Vietnam, un dos conflictos máis crueles da Guerra Fría. Despois de que este país acadara a independencia de Francia en 1954, quedou dividido en dúas partes; a parte Norte quedou baixo a influencia comunista e a parte Sur baixo a americana. Todo empezou cando os guerrilleiros norvietnamitas decidiron atacar á parte sur para unificar o país. Ante isto, os EEUU tomaron a decisión de intervir de forma directa, enviando numerosos  soldados e un importante armamento militar. Despois de varios anos de conflicto, o presidente Richard Nixon decidiu retirar as súas tropas debido á opinión da sociedade, xa que non estaba de acordo con este conflicto tan cruel. Finalmente, o Norte logrou unificar o país no ano 1975 o que supoñía a primeira derrota para os americanos nunha guerra.


2. Como podemos ver, a imaxe móstranos un episodio da Guerra de Vietnam. Nela, podemos ver os numerosos helicópteros que chegaron da parte Norte para atacar a zona do Sur e conseguir a súa unificación. Os soldados levaban un gran número de armamento para poder acadar os seus obxectivos, aínda que aquí non o podemos apreciar moi ben. Foi unha guerra moi cruel e duradeira e o territorio quedou devastado. Casi tódalas imaxes que hai da guerra amosan unha visión crítica e negativa sobre esta, sin embargo, aquí podemos ver a chegada das tropas americanas ao territorio enimigo.


3. Esta foto si que se axusta en verdade ao que pasou porque como podemos observar, é un episodio da Guerra de Vietnam. Tamén podemos ver aos numerosos soldados que participaron, aínda que aquí só se pode apreciar unha parte. Outro factor a destacar, e a superioridade dos americanos ante os vietnamitas, porque como amosa a foto, todo forma parte dos americanos que participaron con moito máis armamento que os vietnamitas.

Realizado por: Noelia García Gómez.

1 comentario: